Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

184 resultados da procura de:

10

A cor púrpura

Celie,  «pobre, negra e fea», vive no sur dos Estados Unidos, casada cun home violento a quen teme e odia. Namentres, a súa irmá Nettie vaise de misioneira a África. Coa esperanza de reencontrarse e para liberarse da dor, ambas manteñen durante trinta anos unha correspondencia que non espera resposta: Celie escríbelle a Deus, e […]

11

Galicia, a Suíza de España

O 12 de xaneiro de 1907, Annette Meakin chega ao porto da Coruña dende Southampton, coa idea de escribir sobre “o menos coñecido dos reinos de España”. Os seus textos e imaxes ofrecen un  percorrido histórico, xeográfico e etnográfico, e publicáronse ao ano seguinte nun libro que hoxe en día serve de retrato do país […]

12

A vinganza do wombat

–Gustoume o teu libro –dixo, demostrando que me volvía trabucar–. Pero só contas paridas. –Ah –dixen, de forma neutra. Estou afeito a que a xente dubide da veracidade das miñas historias, e xa non me ofende. –Pensei que se cadra quererías ver algo de acción de verdade. Nada máis lonxe do meu pensamento, pois aborrezo […]

13

Sempre vivimos no castelo

Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará […]

14

O coala asasino

Crocodilos feroces, excéntricos mineiros do ópalo, coalas salvaxes, porcos furibundos, camelos rabudos e bebedores de cervexa insaciables forman parte da crueza do outback australiano descrita por Kenneth Cook. Nesta selección de contos hilarantes, o autor recolle as súas propias experiencias, tan incribles como reais, polas máis diversas paisaxes de Australia, dende o deserto á Gran […]

15

Crime e castigo

Crime e castigo é unha novela de carácter psicolóxico, publicada por primeira vez en doce entregas entre os anos 1866 e 1867. Ambientada no San Petersburgo de 1865, a novela segue a Rodión Raskólnikov, un estudante que se ve obrigado a abandonar a universidade pola falta de recursos da súa familia. Necesitado de cartos para […]

16

Magma

Lilja namora dun rapaz intelixente e guapo que le a Derrida e cociña pratos vexetarianos. Múdase ao seu pequeno apartamento, e conforme esta nova vida en común alimenta o seu desexo de compracer a súa parella, os abusos case imperceptibles del continúan aumentando sen que ela os detecte. Ela intenta desesperadamente ser a amante perfecta […]

17

Suisen

Casado e pai de dous fillos, Gorô preside a empresa que fundou o seu avó e que conta con herdar. Compaxina o traballo e a familia cunha axitada vida social, e mesmo mantén dúas amantes. E, aínda que se considera un home de éxito, sempre cre merecer máis. Porén, algo se torce de repente nos […]

18

Hôzuki (2023)

Mitsuko rexenta unha libraría de segunda man especializada en obras filosóficas. Alí pasa os días tranquilamente coa súa nai e mais con Tarô, o seu fillo xordomudo. Un día, unha muller distinguida entra na tenda acompañada pola filla pequena, que conecta moi ben con Tarô. Para compracer o seu fillo, Mitsuko aceptará volver velas, malia […]