Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

184 resultados da procura de:

136

O rapaz que nunca existiu

Reykjavik, 1918. A erupción do volcán Katla cobre a cidade dun veo crepuscular. En Europa acaba de rematar a Gran Guerra, e a poboación dunha Islandia que acaba de obter a súa independencia observa con temor a chegada da gripe española. Neste momento de caos, o adolescente Máni Steinn enfróntase aos seus propios problemas: non […]

137

Cotovía

En Sárszeg, unha vila de provincias da Monarquía austrohúngara, habitan Ákos Vajkay e a súa muller na compañía da súa única filla, a fea e solteirona Cotovía. A viaxe de Cotovía para visitar os seus tíos no campo, causa de tristura nun principio, espértaos ás cores do teatro, aos recendos e sabores do restaurante Rei […]

138

Os asollados

Unha eclipse total de sol desata unha serie de situacións inesperadas entre uns personaxes ao límite da loucura: un agricultor que constrúe un foguete para fuxir da fin do mundo cos seus anciáns pais, un mozo que pensa propoñerlle matrimonio á súa parella no momento no que se superpoñen a Lúa e o Sol, un […]

140

As almas grises

As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza. Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o […]

141

Outras estrelas uruguaias

Sauro, exturista, sobrevive en Suramérica grazas a un traballo que non lle permite regresar á casa. Nunha vila amazónica coñece a El Brujo, un vello que lle conta a súa historia chea de aventuras. Baixo a súa roupa fedorenta, Nesto Bordesante, un uruguaio que pasou a súa infancia nun orfanato e a súa adolescencia na […]

142

A boca pobre

Bónapárt Ó Cúnasa é o protagonista dunha divertida historia que nos fala dos habitantes de Corca Dorcha, unha pequena aldea situada nalgún lugar remoto do occidente de Irlanda, onde os seus habitantes –nunca endexamais haberá ninguén coma eles– padecen con resignación as inclemencias meteorolóxicas e as penurias da fame e da miseria. O Vello de […]

143

Cabeza de can

Tras pasar uns anos en Amsterdam intentando gañar a vida como pintor, Asger volve a Dinamarca para ver por derradeira vez a súa avoa Bjørk, a piques de morrer. Deste xeito, o mozo narra a riquísima historia familiar dos Eriksson, un mosaico de relatos que se estenden desde os anos 30 do século pasado ata […]

144

Festa no xardín

Durante os preparativos da festa dos Sheridan, Laura, a filla menor, sabe da morte dun veciño, un carreteiro apelidado Scott. A rapaza dá por sentado que a súa nai anulará a festa como mostra de respecto, pero equivócase. Esta aguda descrición da vida británica atópase no conto “Festa no xardín”, que dá título a este […]