Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

184 resultados da procura de:

118

Diálogos de mortos. Diálogos mariños

Diálogos de mortos trasládanos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí constátase a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos; no máis alá desaparecen as diferenzas que marcan a fortuna, a posición social ou as calidades persoais e […]

119

Gottland

Gottland compila unha serie de crónicas históricas, reportaxes e anécdotas sobre o período que vai dende a fin da Segunda Guerra Mundial ata o 2003, que retratan dunha forma erudita e amena a sociedade checa nunha época na que tivo que resignarse á falta de liberdades. Mariusz Szczygieł consegue dar cor a unhas historias reais que resultan máis interesantes ca a ficción. […]

120

Fun Home: Unha familia traxicómica

Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser o pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite, xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual. Pouco despois desta revelación, Bruce falece nun accidente, e déixalle á súa filla un legado de misterio, […]

121

Cantar de Valtario

O Cantar de Valtario é unha das máis grandes obras da literatura latina medieval. Conta as fazañas de Valtario de Aquitania, heroe godo do reino de Tolosa. O máis importante desta obra non é a historia épica que relata, senón o ambiente e o ton máxico no que está envolta. A partir da materia heroica […]

122

Oryx e Crake

“Home das Neves”, coñecido como Jimmy antes de que a humanidade fose devastada por unha praga, loita por sobrevivir nun mundo onde tal vez el sexa o derradeiro humano, mentres lamenta a perda do seu mellor amigo, Crake, e da fermosa e misteriosa Oryx, a quen os dous amaban. O protagonista emprende unha viaxe a […]

123

Produtos da civilización perfeccionada

Esta obra de finais do século XVIII é a máis célebre de Nicolas Chamfort, que nos ofrece aquí unha visión desapaixonada e lúcida da Revolución Francesa e da época que lle tocou vivir. Este agudo, brillante, e por veces, cínico, enciclopedista non deixou de criticar os excesos da Revolución, malia ser partidario dela, e opúxose […]

124

Como aprendín a ler

Agnès Desarthe explica con humor a súa tortuosa relación coa lectura e como se resistiu a ela durante a infancia e a adolescencia, ata que, xa en plena universidade, deu co libro axeitado. Hoxe, a palabra escrita ou lida é o seu medio de vida. Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, […]

125

Philogelos (O amante da risa)

A obra Philogelos (O amante da risa) é a compilación de chistes máis antiga aínda conservada. A obra, que consta de 265 chistes, está ordenada tematicamente, e moitos serían perfectamente aplicábeis a situacións contemporáneas. Son contos curtos, dotados dun grande enxeño, e cuxa tradución estará adaptada ao humor máis actual. Sorprenderá ao lectorado a cantidade de contos que aínda se contan hoxe […]

126

Opinións dun pallaso

Hans Schnier, o pallaso que non precisa subir a un escenario para dicir a súa verdade, por embarazosa que sexa, relembra a súa vida e reflexiona sobre ela con humor, tenrura e desesperación, tecendo un relato sobre a memoria ambientado nunha Alemaña deshumanizada, inxusta, hipócrita e conformista, empeñada en esquecer a miseria moral do pasado. […]