Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

154

O edificio Yacoubian

En pleno corazón do Cairo, tras os muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; […]

155

Goražde, zona segura

Entre finais de 1995 e principios de 1996, o debuxante/xornalista Joe Sacco viaxou catro veces a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia que levaba tres anos e medio cambaleando no bordo da aniquilación total. Aínda rodeada de forzas serbo-bosnias, a poboación de Goražde, eminentemente musulmá, soportara duros ataques e […]

156

Os caloteiros

Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a obriga?— de escoller entre dúas […]

157

O asasino que hai en min

En Central City (Texas) teñen a Lou Ford, axente do shériff, en boa estimanza. Mozo cabal, traballador, de paciencia infinita, sempre disposto a axudar, con moza formal, asiduo da igrexa. Quizais un pouco pánfilo; talvez un chisco pesadiño co seu discurso inzado de lugares comúns. E, xa postos, non resulta algo raro que o pai, […]

158

O maletín do mestre

Dous personaxes solitarios, Tsukiko de 38 anos, e o seu antigo mestre, Harutsuna, que case lle duplica a idade, atópanse casualmente nunha taberna. O azar convértese en costume e así, entre grolos de sake e festíns gastronómicos, comeza unha curiosa relación entre a muller solteira, que xa abandonara calquera expectativa relativa ao amor, e o […]

159

O sentido dun final

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada […]

160

Pob. 1280

Pob. 1.280 (1964), a última gran novela de Thompson, conxuga e refina temas, motivos e técnicas que o autor xa visitara con anterioridade. Ambientada no Sur profundo dos Estados Unidos a principios do XX, presenta unha historia narrada en primeira persoa polo seu protagonista, o shériff Nick Corey. Polo que o propio Corey nos conta, non […]

161

Contrato con Deus

A través dun cuarteto de historias entretecidas, Contrato con Deus expresa a ledicia, exuberancia, dramatismo e traxedia da vida na mítica Avenida Dropsie, no Bronx. Esta obra lendaria orixinou unha nova forma artística e confirmou a Will Eisner como un dos grandes pioneiros das artes gráficas americanas. (Esta obra recibiu unha axuda á edición do […]

162

A boca chea de terra

Un home ao que se lle diagnosticou unha enfermidade terminal decide tomar un tren cara ao seu Montenegro natal coa intención de pasar alí os seus últimos días. Porén, a medio camiño aproveita unha parada para baixar do tren e penetrar no bosque co desexo de atopar alí a morte. O seu encontro con dous […]