Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

156 resultados da procura de:

37

Deshonra

Tras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do Cabo, David Lurie, de mediana idade e divorciado dúas veces, ten unha impulsiva aventura cunha alumna. A aventura agréase, denúnciano e é convocado ante unha comisión de investigación. Desexando admitir a súa culpa pero negándose a ceder ás presións para que mostre publicamente […]

38

Os Estados e Imperios do Sol

Os Estados e Imperios do Sol –xunto con Os Estados e Imperios da Lúa– conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol. Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de […]

39

O canguro alcohólico

Un canguro adicto á cervexa, un piloto que se desmaia ao ver animais ou unha avestruz con instinto suicida son só algúns dos exemplos da fauna australiana que Kenneth Cook presenta nesta colección de relatos humorísticos. Nos seus contos, recollidos en varios volumes, o autor australiano desprega unha escrita hilarante, tan real coma incrible. Esta […]

40

Historias (Libros I e II)

As Historias de Heródoto constitúen a primeira organización intencionadamente racional e con ánimo de perdurar no tempo dunha obra histórica, para evitar que as grandes fazañas humanas queden relegadas ao esquecemento. Ofrece unha explicación dos feitos lonxe da interpretación a través dos mitos. O núcleo da súa obra está fixado no ser humano e non […]

41

O país onde medran os limoeiros

A historia dos cítricos percorre a historia de Italia coma un fío dourado. Helena Attlee aproveita este feito para levarnos da man nunha viaxe única e intensa polo pasado cultural, moral, culinario e político deste país. A autora entretece literatura de viaxes, historia, receitas, horticultura e arte para ofrecer un relato sobre as orixes dos […]

42

A vida secreta das vacas

Na granxa de Kite’s Nest, en Worcestershire, todas as vacas vagan libremente. Todas teñen nome e caracteres marcados. Coma as persoas, as vacas aman, xogan, establecen vencellos e forman amizades para toda a vida, pasan o dó, gardan rancor, teñen preferencias e poden ser vaidosas. Rosamund Young relata neste libro as súas observacións á fronte […]

43

Cancioneiros dos goliardos

Na Europa dos séculos XI e XII un grupo de magníficos poetas cantaron cancións en latín que chegaron ata nós compiladas en coleccións. De moitas destas destas pezas consérvase a música, e a maioría delas son de autor anónimo, algunhas están copiadas en códices fermosamente iluminados, mentres outras se agochan entre os pergameos dedicados a […]

44

Os sangues

Féléor Barthélémy Rü posúe unha inmensa fortuna e un desexo desmedido pola carne crúa e a brutalidade. Recréase nestes praceres xunto coas súas esposas e vítimas, que lonxe de fuxir do ogro, acoden a el por propia vontade, dispostas a deixarse levar polas máis escuras fantasías. Estas sete mulleres explican nos seus diarios quen son […]

45

O duque Ernesto

Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos. O libro, escrito orixinariamente en verso, […]