Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

169 resultados da procura de:

10

Emma

Intelixente, rica e fermosa, Emma Woodhouse non precisa marido, pero resúltalle divertido facer de casamenteira para as súas amizades. Ata que a súa confidente Harriet Smith decide casar, e os seus enredos producen consecuencias inesperadas.

11

Cartas ao marqués de Sévigné

O marqués mozo de Sévigné solicita de Ninon a súa tutela para que o dirixa en cuestións de galantería na súa entrada en sociedade. Ninon acepta e a partir de aí inicia unha correspondencia na que lle vai explicar o mellor modo de tratar coas mulleres e como seducilas, ditándolle a súa conducta e instruíndoo […]

12

Vencellos feroces

Vivian Gornick pasea coa súa nai polas rúas de Manhattan mentres discuten e recordan o seu pasado familiar. Unha conversa continua entre dúas mulleres lúcidas: a autora, madura e instruída, e a súa nai, xa anciá e deprimida pola súa temperá viuvez, sobre os temas máis comúns das súas vidas.

13

Historia de dous amantes

O motivo de escribir o relato é compracer unha petición que lle fixera o seu amigo Mariano Sozzini: narrar unha historia de amor, ficticia ou real. Piccolomini confesa que optou pola segunda posibilidade: vai contar a historia dos amores adúlteros entre un home do séquito do emperador Sexismundo, chamado Euríalo, e unha muller casada, de […]

14

Código de Ḫammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica

As coleccións de leis que presentamos neste volume son compilacións que varían en sofisticación legal e literaria, e que foron recollidas por escribáns nas escolas e centros reais da antiga Mesopotamia, entre os séculos XVIII e o I a.n.e. Algunhas destas coleccións, como o famoso Código de Hammurabi, tiveron unha expansión e unha influencia determinante […]

15

O Gran Caderno

A guerra obriga dous irmáns xemelgos a deixar a súa cidade e a súa nai para vivir coa súa avoa. Acompañados da anciá, unha muller desapiadada, avara e de mal carácter, descubrirán a verdadeira crueldade dunha realidade arrasada pola guerra, a fame e a morte, exenta de esperanza. A fin de sobreviviren, os irmáns válense […]

16

Lingo

Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas. Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidade lingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística. Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o move realmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán –contra o que cabería agardar– non se […]

17

Stoner

William Stoner nace no seo dunha familia labrega de Missouri. Envíano a estudar Agronomía á universidade, pero alí descobre a literatura, da que se namora e á que decide dedicar a súa vida como profesor. Co paso dos anos acumúlanse as decepcións deste antiheroe existencial: o seu casamento afástao dos pais, a súa carreira estáncase, […]

18

A ponte sobre o Drina

Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Esa ponte marcará a vida das xentes da súa bisbarra, e nun mundo inestábel e axitado será o […]