Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

163

Entender o cómic

Ao longo de 224 páxinas Scott McCloud emprende unha análise amena e profunda das características propias do cómic como linguaxe literaria. Este libro supuxo unha auténtica referencia no seu momento e segue constituíndo o primerio título da bibliografía de quen queira achegarse ao cómic, vinte anos despois da súa aparición.

164

Sangué Sabur

“Nalgún lugar en Afganistán ou noutro sitio calquera”, así sitúa o autor este relato que ten como protagonista unha muller oprimida pola relixión, o matrimonio e a sociedade. Nunha cidade tomada polos tanques, vive entregada ao coidado do seu home, un heroe da Guerra Santa en estado vexetal, que converte na súa sangué sabur, na […]

165

Persépole

Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e […]

166

Mexillóns para cear

A narradora, seu irmán e súa nai agardan polo pai, que está para chegar dunha viaxe de negocios. Como marca a tradición familiar, han celebrar o regreso paterno ceando mexillóns. Os tres amáñano todo igual ca sempre; os tres saben perfectamente como lle gusta ao pai que se fagan as cousas, e máis lles vale. […]

167

A neta do señor Linh

Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas […]

168

Contos da era do jazz

O jazz é a música que sempre soa de fondo nas novelas e relatos de Francis Scott Fitzgerald. É o ritmo dos decadentes anos 1920, unha época que o autor definiu como a Era do Jazz. Nesta atmosfera móvense os heroes e as heroínas dos seus relatos, seres que destacan pola súa atractiva personalidade e […]

169

Senectude

Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir baixo o sufocante ambiente provinciano da cidade de Trieste. Quere consolidar a súa carreira literaria, pero cada día cédelle máis terreo a unha realidade dominada pola culpa e un moralismo hipócrita. Vive coa súa irmá Amalia, pero cando esta se namora dun amigo seu escultor, Emilio […]

170

Unha lectora fóra do común

A culpa tivérona os insoportables cans da raíña. Aquel día, despois de estar no xardín, no canto de subir pola escaleira dianteira correron cara a un dos patios e puxéronse a ladrar. Cando a raíña chegou onda eles, descubriu aparcado á porta da cociña do palacio o furgón da biblioteca móbil do concello de Westminster. […]

171

Relatos verídicos

Relatos verídicos ocupa un lugar destacado dentro da extensa obra de Luciano de Samósata. A obra ten un marcado carácter paródico, pois a intención do autor é entreter o lector mofándose dos autores de relatos prodixiosos e lendarios da tradición literaria grega e latina. Neste divertimento novelesco, narrado en primeira persoa, o barco no que navega […]