Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

173 resultados da procura de:

154

Mexillóns para cear

A narradora, seu irmán e súa nai agardan polo pai, que está para chegar dunha viaxe de negocios. Como marca a tradición familiar, han celebrar o regreso paterno ceando mexillóns. Os tres amáñano todo igual ca sempre; os tres saben perfectamente como lle gusta ao pai que se fagan as cousas, e máis lles vale. […]

155

A neta do señor Linh

Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas […]

156

Contos da era do jazz

O jazz é a música que sempre soa de fondo nas novelas e relatos de Francis Scott Fitzgerald. É o ritmo dos decadentes anos 1920, unha época que o autor definiu como a Era do Jazz. Nesta atmosfera móvense os heroes e as heroínas dos seus relatos, seres que destacan pola súa atractiva personalidade e […]

157

Senectude

Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir baixo o sufocante ambiente provinciano da cidade de Trieste. Quere consolidar a súa carreira literaria, pero cada día cédelle máis terreo a unha realidade dominada pola culpa e un moralismo hipócrita. Vive coa súa irmá Amalia, pero cando esta se namora dun amigo seu escultor, Emilio […]

158

Unha lectora fóra do común

A culpa tivérona os insoportables cans da raíña. Aquel día, despois de estar no xardín, no canto de subir pola escaleira dianteira correron cara a un dos patios e puxéronse a ladrar. Cando a raíña chegou onda eles, descubriu aparcado á porta da cociña do palacio o furgón da biblioteca móbil do concello de Westminster. […]

159

Relatos verídicos

Relatos verídicos ocupa un lugar destacado dentro da extensa obra de Luciano de Samósata. A obra ten un marcado carácter paródico, pois a intención do autor é entreter o lector mofándose dos autores de relatos prodixiosos e lendarios da tradición literaria grega e latina. Neste divertimento novelesco, narrado en primeira persoa, o barco no que navega […]

160

Onte

O exilio, o desarraigo e a vida de autómata dun obreiro industrial aparecen esbozados nesta narración concisa, fría e transparente, a través do relato do protagonista, ora Sandor ora Tobias. O amor incestuoso pola súa medio irmá e a escritura nunha lingua que non é a propia son a súa única salvación nunha realidade gris, […]

161

Beowulf

Cae a noite sobre Heorot, a corte de Hrothgar, rei dos daneses. Na casa de altos tellados, cada vez que os nobres daneses se reúnen para beber cervexa e soa música, aparece o monstro Grendel e devora moitos guerreiros. Estes ataques prolónganse durante anos, ata que o relato dos feitos chega a oídos de Beowulf, […]

162

Poesías do desamor

Este volume, que segue a edición italiana de Italo Calvino, recolle todos os poemas de Pavese non comprendidos en Lavorare stanca. Acolle, pois, as quince Poesías do desamor (1934-38), outros poemas dos anos 1931-1940, A terra e a morte (1945-1946), dous poemas de 1946 e Virá a morte e terá os teus ollos. Deste xeito é posible seguir o desenvolvemento da […]