Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

154 resultados da procura de:

145

A casa de Mango Street

A casa de Mango Street é una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña […]

146

Botchan

Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das falcatruadas dos seus alumnos e das manobras dos seus colegas. A obra presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico cun estilo persoal e sorprendente. O personaxe de Botchan está […]

147

O xiro postal

A chegada dun xiro postal altera a rutina dun barrio pobre do Dakar dos anos 60. Toda a veciñanza espera atopar neses cartos a saída a unha vida miserenta, chea de débedas e privacións. A través das peripecias polas que pasa o protagonista para cobrar o xiro, Ousmane Sembène ofrécenos un retrato cruel pero lúcido […]

148

O ano do xardineiro

Como se prepara a terra dun xardín? E que sementes cómpre mercar sen falta este ano? Como plantarlle cara a unha mangueira rebelde? Hai algo que un apaixonado da xardinaría poida facer durante o frío inverno para non sucumbir á morriña polo seu xardín, mergullado no letargo invernal? Karel Čapek dedícalles ós amantes da xardinaría […]

149

O tradutor cleptómano

Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha […]

150

Saga dos Groenlandeses. Saga de Erik O Roxo

As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ó mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou en algo que levaban […]

151

Só o silencio me responde

A ampla selección de poemas desta antoloxía fíxose seguindo os criterios da representabilidade, a calidade e tamén o gusto persoal das súas responsables. A orde na que se presentan non é necesariamente cronolóxica, xa que respecta a asignada pola poeta nos orixinais. Ademais dos libros publicados como tales pola propia Akhmátova, baixo o nome de […]

152

Poemas canónicos

Os poemas que compoñen esta edición son os chamados “poemas canónicos”: os que pertencen á escolma que fixo en vida o poeta, seguindo o seu gusto e baseándose nos seus propios canons de perfección e calidade.

153

Novelino

Na época medieval, os textos literarios debían cumprir a dualidade horaciana de ensinar e divertir conxuntamente. O Novelino, como obra literaria medieval, obedece estas premisas, pois buscaba entreter e divertir sen esquecer a faceta didáctica. Non era un didactismo moralista ou relixioso, senón laico e pragmático, que respondía as expectativas da sociedade toscana comunal. A burguesía, nova […]