Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

127

O edificio Yacoubian

En pleno corazón do Cairo, tras os muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; […]

128

Goražde, zona segura

Entre finais de 1995 e principios de 1996, o debuxante/xornalista Joe Sacco viaxou catro veces a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia que levaba tres anos e medio cambaleando no bordo da aniquilación total. Aínda rodeada de forzas serbo-bosnias, a poboación de Goražde, eminentemente musulmá, soportara duros ataques e […]

129

Palestina

A finais de 1991 e principios de 1992, Joe Sacco pasou dous meses entre os palestinos nos territorios ocupados, viaxando e tomando notas. Cando volveu aos Estados Unidos, a mediados de 1992, empezou a escribir e debuxar Palestina, que combinaba a técnica da reportaxe en primeira persoa coa narrativa da novela ilustrada para explorar esta […]

130

Os caloteiros

Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a obriga?— de escoller entre dúas […]

131

O asasino que hai en min

En Central City (Texas) teñen a Lou Ford, axente do shériff, en boa estimanza. Mozo cabal, traballador, de paciencia infinita, sempre disposto a axudar, con moza formal, asiduo da igrexa. Quizais un pouco pánfilo; talvez un chisco pesadiño co seu discurso inzado de lugares comúns. E, xa postos, non resulta algo raro que o pai, […]

132

O maletín do mestre

Dous personaxes solitarios, Tsukiko de 38 anos, e o seu antigo mestre, Harutsuna, que case lle duplica a idade, atópanse casualmente nunha taberna. O azar convértese en costume e así, entre grolos de sake e festíns gastronómicos, comeza unha curiosa relación entre a muller solteira, que xa abandonara calquera expectativa relativa ao amor, e o […]

133

O sentido dun final

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada […]

134

Pob. 1280

Pob. 1.280 (1964), a última gran novela de Thompson, conxuga e refina temas, motivos e técnicas que o autor xa visitara con anterioridade. Ambientada no Sur profundo dos Estados Unidos a principios do XX, presenta unha historia narrada en primeira persoa polo seu protagonista, o shériff Nick Corey. Polo que o propio Corey nos conta, non […]

135

Contrato con Deus

A través dun cuarteto de historias entretecidas, Contrato con Deus expresa a ledicia, exuberancia, dramatismo e traxedia da vida na mítica Avenida Dropsie, no Bronx. Esta obra lendaria orixinou unha nova forma artística e confirmou a Will Eisner como un dos grandes pioneiros das artes gráficas americanas. (Esta obra recibiu unha axuda á edición do […]