Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

127

Opinións dun pallaso

Hans Schnier, o pallaso que non precisa subir a un escenario para dicir a súa verdade, por embarazosa que sexa, relembra a súa vida e reflexiona sobre ela con humor, tenrura e desesperación, tecendo un relato sobre a memoria ambientado nunha Alemaña deshumanizada, inxusta, hipócrita e conformista, empeñada en esquecer a miseria moral do pasado. […]

128

Arte de amar e Remedios do amor

Arte de amar e Remedios do amor son dúas obras didácticas clásicas, de enorme éxito dende a súa publicación e mesmo na Idade Media, nas que Ovidio ofrece a toda a sociedade as súas ensinanzas no tocante ao amor e ao sexo. Nos dous primeiros libros da Arte de amar diríxese aos homes, mais no terceiro ensínalles ás […]

129

Vidas breves de idiotas

Nun mundo no que a idiotez acompaña a humanidade ata a morte (e posiblemente máis alá), hai coches que intentan voar, pirómanos con mala sorte, prostitutas fracasadas e maridos obsesionados polo cosmos, pintores que non entenden a súa propia pintura e críticos que non entenden as súas propias palabras. Cun estilo sinxelo e nada arrogante, Ermanno Cavazzoni […]

130

Pyongyang

Pyongyang ofrece unha ollada persoal, intelixente e irónica sobre un dos países máis herméticos e tiránicos do mundo: Corea do Norte. O traballo de Guy Delisle nun estudio de animación lévao a vivir experiencias que só alí poden ser cotiás: moverse baixo constante vixilancia, iniciar debates estériles sobre a liberdade ou converterse facilmente en alguén “contrarrevolucionario”. […]

131

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña conta a historia de Ponto, fillo do rei de Galiza, tras a toma da Coruña polos musulmáns e a morte do rei Tiber. Un grupo de rapaces galegos son salvados e embarcados nun navío que naufraga nas costas de Bretaña; alá son acollidos polo […]

132

O hibisco púrpura

A moza Kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugu. Viven nunha fermosa casa e asisten a un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar non é harmoniosa. O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que […]

133

Memorias do famoso anano Joseph Boruwlaski

Nestas memorias o autor narra o seu periplo por varias das máis importantes cortes europeas do século XVIII: Polonia, Austria-Hungría, Baviera, Alemaña, Holanda, Francia e Gran Bretaña, onde dá concertos, participa en banquetes e reunións e causa unha gran sensación, nun primeiro momento pola súa condición de anano e, unha vez que era coñecido e […]

134

Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo

Nos anos 50, un equipo de mergulladores norteamericanos exponse a unha serie de perigos e aventuras para recuperar o tesouro da Batalla de Rande. Este libro narra de xeito ameno o proxecto de rescate do tesouro e retrata os personaxes que o autor foi atopando na nosa terra naquela época. Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación […]

135

Sir Gawain e o cabaleiro verde

Sir Gawain, cabaleiro da Táboa Redonda, acepta o reto do Cabaleiro Verde, que desafía a calquera a batelo a cambio de entregarlle o seu machado para que cumpra con el a súa vontade. Así comeza un dos mellores e máis coñecidos relatos artúricos, que data de finais do século XIV, e que recolle o tema […]