Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

145

Festa no xardín

Durante os preparativos da festa dos Sheridan, Laura, a filla menor, sabe da morte dun veciño, un carreteiro apelidado Scott. A rapaza dá por sentado que a súa nai anulará a festa como mostra de respecto, pero equivócase. Esta aguda descrición da vida británica atópase no conto “Festa no xardín”, que dá título a este […]

146

Lamentacións dun prepucio

Lamentacións dun prepucio revela episodios da infancia e adolescencia do autor nunha comunidade xudía ortodoxa estricta e rememora a súa rebelión e esforzos por emanciparse, a través da pornografía, a comida non kosher, a marihuana, o furto e a masturbación compulsiva, ata acadar unha vida practicamente laica. Porén, o autor segue crendo de xeito “abafante, incurable […]

147

Meu amor, eu morro

Nunha vila islandesa, catro irmáns e o seu pai viúvo velan o corpo inerte de Jóhanna. Coa morte da última das mulleres da familia, os homes parecen destinados a se reuniren con elas no ceo, onde frecuentan a Hemingway e Leonardo da Vinci arredor dun Bacardi para observar os vivos. Baixo a mirada distante do […]

149

O cuarto de invitados

Helen, unha muller madura e independente, prepara coidadosamente o seu cuarto de invitados para a súa amiga Nicola. Ao longo das tres próximas semanas, mentres Nicola segue un tratamento alternativo que cre que curará o seu avanzado cancro, Helen convértese na súa coidadora, na súa asistente, no seu anxo da garda e nunha xuíza implacable. […]

150

Os sete irmáns

Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha cabana e […]

151

O Parnaso sobre rodas

Helen McGill é unha muller de 39 anos que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide […]

152

Os ditosos anos do castigo

No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que […]

153

A balada do café triste

O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun […]