Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

157 resultados da procura de:

1

Código de Ḫammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica

As coleccións de leis que presentamos neste volume son compilacións que varían en sofisticación legal e literaria, e que foron recollidas por escribáns nas escolas e centros reais da antiga Mesopotamia, entre os séculos XVIII e o I a.n.e. Algunhas destas coleccións, como o famoso Código de Hammurabi, tiveron unha expansión e unha influencia determinante […]

2

O Gran Caderno

A guerra obriga dous irmáns xemelgos a deixar a súa cidade e a súa nai para vivir coa súa avoa. Acompañados da anciá, unha muller desapiadada, avara e de mal carácter, descubrirán a verdadeira crueldade dunha realidade arrasada pola guerra, a fame e a morte, exenta de esperanza. A fin de sobreviviren, os irmáns válense […]

3

Lingo

Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas. Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidade lingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística. Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o move realmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán –contra o que cabería agardar– non se […]

4

Stoner

William Stoner nace no seo dunha familia labrega de Missouri. Envíano a estudar Agronomía á universidade, pero alí descobre a literatura, da que se namora e á que decide dedicar a súa vida como profesor. Co paso dos anos acumúlanse as decepcións deste antiheroe existencial: o seu casamento afástao dos pais, a súa carreira estáncase, […]

5

A ponte sobre o Drina

Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Esa ponte marcará a vida das xentes da súa bisbarra, e nun mundo inestábel e axitado será o […]

6

O ano do pensamento máxico

Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu […]

7

Escritos sobre as mulleres

O único papel que se lles recoñecía ás mulleres no mundo antigo era o que desenvolvían dentro da casa, como esposas, nais e administradoras e organizadoras das cuestións domésticas. Co argumento da súa incapacidade para calquera actividade desenvolvida máis alá dos muros do fogar, foron excluídas da vida pública, non tiveron acceso á educación e […]

8

O verán no que miña nai tivo os ollos verdes

Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo […]

9

A vexetariana

Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos. O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela. No primeiro relato, “A vexetariana”, un […]