• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Alcifrón

Cartas

Traducido por Ana Gloria Rodríguez Alonso

VER PORTADA

Baixo a autoría de Alcifrón chegou ata os nosos días unha colección de textos en grego, con forma de cartas, cuxo contido está ambientado na Atenas de finais do século IV e principios do III a.n.e., segundo se deduce dalgúns datos e personaxes mencionados na obra. Praxíteles, Epicuro, Apeles ou Menandro aparecen relacionados coas heteras, e as institucións democráticas atenienses son reiteradamente presentadas como activas no contexto das cartas.

Aínda que non hai referencias explícitas á data na que foron escritas, todos os indicios apuntan a que foi varios séculos despois da época que describen. 

Non se trata de cartas reais, senón da obra dun único autor que imaxina e narra unha situación concreta, localizada nun lugar real, cuns protagonistas ficticios (aínda que en ocasións con referentes coñecidos), presentada baixo a forma epistolar, co ánimo de que o resultado sexa verosímil. 

A finalidade destas composicións probabelmente sexa literaria, pois o epistolar é un xénero de éxito a partir do século I a.n.e., o que coincide co marco temporal atribuído a Alcifrón. 

16 €

Cartas

€16,00

Categorías: Libros, Vétera

Alcifrón

A vida de Alcifrón resulta hoxe imposíbel de concretar, tanto no tempo coma no espazo, xa que as poucas referencias á súa persoa son tardías e extremadamente breves. Tampouco da súa obra podemos deducir quen foi, ...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-98-0
PÁXINAS:
146
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Cartas, Clásicos grecolatinos, Europa
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Non ficción
TRADUTOR:
Ana Gloria Rodríguez Alonso

LINGUA DE ORIXE:
Grego clásico
DATA DE PUBLICACIÓN:
Abril de 2023

  • Descripción

Descripción

Baixo a autoría de Alcifrón chegou ata os nosos días unha colección de textos en grego, con forma de cartas, cuxo contido está ambientado na Atenas de finais do século IV e principios do III a.n.e., segundo se deduce dalgúns datos e personaxes mencionados na obra. Praxíteles, Epicuro, Apeles ou Menandro aparecen relacionados coas heteras, e as institucións democráticas atenienses son reiteradamente presentadas como activas no contexto das cartas.

Aínda que non hai referencias explícitas á data na que foron escritas, todos os indicios apuntan a que foi varios séculos despois da época que describen. 

Non se trata de cartas reais, senón da obra dun único autor que imaxina e narra unha situación concreta, localizada nun lugar real, cuns protagonistas ficticios (aínda que en ocasións con referentes coñecidos), presentada baixo a forma epistolar, co ánimo de que o resultado sexa verosímil. 

A finalidade destas composicións probabelmente sexa literaria, pois o epistolar é un xénero de éxito a partir do século I a.n.e., o que coincide co marco temporal atribuído a Alcifrón. 

Recomendamos...

  • Cartas das heroínas

    €19,00
  • Cartas ao marqués de Sévigné

    €16,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
A incrible viaxe das plantasAzami (2023) Desplazarse hacia arriba