• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Anónimo

Cancioneiros dos goliardos

Traducido por Maite Jiménez Pérez

VER PORTADA
LER EXTRACTO

Na Europa dos séculos XI e XII un grupo de magníficos poetas cantaron cancións en latín que chegaron ata nós compiladas en coleccións. De moitas destas destas pezas consérvase a música, e a maioría delas son de autor anónimo, algunhas están copiadas en códices fermosamente iluminados, mentres outras se agochan entre os pergameos dedicados a outros mesteres non tan poéticos. A meirande sona téñena merecidamente os Carmina Burana, cancións do mosteiro bávaro de Beuren, recreadas polo compositor Carl Orff en 1935 na cantata escénica do mesmo nome. Non obstante, os Carmina Burana non son o único froito desta vigorosa lírica latina medieval. Por fortuna, nas abadías e mosteiros europeos os estudosos atoparon outras antoloxías de cancións que dende o século XIX se clasificaron coa denominación de cantos goliardos. Este é o caso dos tres cancioneiros de poemas e cancións dos poetas goliardos que traducimos aquí.

Entre as coleccións máis valiosas de poesía lírica latina goliárdica están os Carmina Cantabrigiensia (Cancioneiro de Cambridge), cuxa composición adoita situarse a finais do século XI, polo que son ata o de agora o testemuño máis antigo.

A exquisita colección chamada Carmina Arundeliana (Cancioneiro de Arundel), realizada en pleno século XII, contén na súa meirande parte poemas amorosos que poderían deberse ao afamado poeta Pedro de Blois, aínda que a súa autoría non está demostrada.

Entre todos os cancioneiros dos goliardos teñen voz propia os Carmina Rivipullensia (Cancioneiro de Ripoll), vinte cancións de amor de altísima calidade poética, que son a única mostra de lírica latina medieval na Península Ibérica, e que son case contemporáneas dos Carmina Arundeliana.

O noso traballo reproduce do xeito máis fiel posíbel a estrutura formal dos poemas.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

21 €

Cancioneiros dos goliardos

€21,00

Categorías: Libros, Vétera

Anónimo

...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-17388-39-3
PÁXINAS:
294
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
145 x 220 mm
COLECCIÓN:
Libros
Vétera

TEMÁTICA:
Amor, Europa, Medieval
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Poesía
TRADUTOR:
Maite Jiménez Pérez

LINGUA DE ORIXE:
Latín
DATA DE PUBLICACIÓN:
Xuño de 2020

  • Descripción

Descripción

Na Europa dos séculos XI e XII un grupo de magníficos poetas cantaron cancións en latín que chegaron ata nós compiladas en coleccións. De moitas destas destas pezas consérvase a música, e a maioría delas son de autor anónimo, algunhas están copiadas en códices fermosamente iluminados, mentres outras se agochan entre os pergameos dedicados a outros mesteres non tan poéticos. A meirande sona téñena merecidamente os Carmina Burana, cancións do mosteiro bávaro de Beuren, recreadas polo compositor Carl Orff en 1935 na cantata escénica do mesmo nome. Non obstante, os Carmina Burana non son o único froito desta vigorosa lírica latina medieval. Por fortuna, nas abadías e mosteiros europeos os estudosos atoparon outras antoloxías de cancións que dende o século XIX se clasificaron coa denominación de cantos goliardos. Este é o caso dos tres cancioneiros de poemas e cancións dos poetas goliardos que traducimos aquí.

Entre as coleccións máis valiosas de poesía lírica latina goliárdica están os Carmina Cantabrigiensia (Cancioneiro de Cambridge), cuxa composición adoita situarse a finais do século XI, polo que son ata o de agora o testemuño máis antigo.

A exquisita colección chamada Carmina Arundeliana (Cancioneiro de Arundel), realizada en pleno século XII, contén na súa meirande parte poemas amorosos que poderían deberse ao afamado poeta Pedro de Blois, aínda que a súa autoría non está demostrada.

Entre todos os cancioneiros dos goliardos teñen voz propia os Carmina Rivipullensia (Cancioneiro de Ripoll), vinte cancións de amor de altísima calidade poética, que son a única mostra de lírica latina medieval na Península Ibérica, e que son case contemporáneas dos Carmina Arundeliana.

O noso traballo reproduce do xeito máis fiel posíbel a estrutura formal dos poemas.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

Recomendamos...

  • Cantar de Valtario

    €14,00
  • Cantar de Ruodlieb

    €15,00

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Os sanguesA vida secreta das vacas Desplazarse hacia arriba