• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Morten Ramsland

Cabeza de can

Traducido por Moisés Barcia

VER PORTADA

Tras pasar uns anos en Amsterdam intentando gañar a vida como pintor, Asger volve a Dinamarca para ver por derradeira vez a súa avoa Bjørk, a piques de morrer. Deste xeito, o mozo narra a riquísima historia familiar dos Eriksson, un mosaico de relatos que se estenden desde os anos 30 do século pasado ata o presente.

A historia deste curioso clan comeza nunha chaira xeada da Alemaña oriental en marzo de 1944, cando Askild Eriksson, avó do narrador, enxeñeiro naval e contrabandista, consegue escapar do campo de concentración de Sachsenhausen, un episodio que marcará a súa vida e que proxectará sobre a familia unha sombra de culpa que non influirá na súa vitalidade.

Xuntando o tenro e o grotesco, Morten Ramsland mantén cun pulso firme o ritmo da narración e cautiva o lector cun fresco sobre o devir dunha familia e un país na historia recente do norte de Europa.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2015.

22.50 €

Cabeza de can

€22,50

Categorías: Libros, Nova

Morten Ramsland

Morten Ramsland (Københaven, 1971) licenciouse en Historia da Arte e Literatura Danesa na Universidade de Århus. Debutou como escritor en 1993, cunha colección de poemas. Dende aquela publicou unha novela (Akaciedrømme, 1998) e varios ...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-92866-75-5
PÁXINAS:
390
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
135 x 215 mm
COLECCIÓN:
Libros
Nova

TEMÁTICA:
Europa, Ficción contemporánea, Historia
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ficción
TRADUTOR:
Moisés Barcia

LINGUA DE ORIXE:
Danés
DATA DE PUBLICACIÓN:
Abril de 2016

  • Descripción

Descripción

Tras pasar uns anos en Amsterdam intentando gañar a vida como pintor, Asger volve a Dinamarca para ver por derradeira vez a súa avoa Bjørk, a piques de morrer. Deste xeito, o mozo narra a riquísima historia familiar dos Eriksson, un mosaico de relatos que se estenden desde os anos 30 do século pasado ata o presente.

A historia deste curioso clan comeza nunha chaira xeada da Alemaña oriental en marzo de 1944, cando Askild Eriksson, avó do narrador, enxeñeiro naval e contrabandista, consegue escapar do campo de concentración de Sachsenhausen, un episodio que marcará a súa vida e que proxectará sobre a familia unha sombra de culpa que non influirá na súa vitalidade.

Xuntando o tenro e o grotesco, Morten Ramsland mantén cun pulso firme o ritmo da narración e cautiva o lector cun fresco sobre o devir dunha familia e un país na historia recente do norte de Europa.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2015.

Recomendamos...

  • Rinoceronte - Maus

    Maus

    €22,00
  • Gottland

    €19,00
  • A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey

    €18,50
  • Onte

    €14,02

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Festa no xardínA boca pobre Desplazarse hacia arriba