Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

184 resultados da procura de:

19

Azami (2023)

Aos seus 35 anos, Mitsuo Kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de Historia. Hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. Un día crúzase con Gorô Kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el […]

20

Cartas

Baixo a autoría de Alcifrón chegou ata os nosos días unha colección de textos en grego, con forma de cartas, cuxo contido está ambientado na Atenas de finais do século IV e principios do III a.n.e., segundo se deduce dalgúns datos e personaxes mencionados na obra. Praxíteles, Epicuro, Apeles ou Menandro aparecen relacionados coas heteras, […]

21

A incrible viaxe das plantas

O que sabemos das plantas é moi pouco e este pouco é erróneo. Estamos convencidos de que as plantas non son capaces de percibir o ambiente que as rodea, cando a realidade é que son máis sensibles ca os animais. Estamos seguros de que o seu é un mundo silencioso, carente da capacidade de comunicarse, […]

22

Persépole (2023)

Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e […]

23

O acontecemento

“Que a forma na que eu vivín esta experiencia do aborto –a clandestinidade– sexa cousa do pasado non me parece un motivo válido para que se siga ocultando. Sobre todo se unha lei xusta case sempre ofrece o paradoxo de obrigar as antigas vítimas a calar porque «todo iso xa se acabou», de modo que […]

24

Floris e Brancaflor

A Francia do século XII arrola cun eco occitano unha historia universal do amor mozo que vence as dificultades e os perigos. Con trama argumental traída do Oriente tece unha mensaxe de tolerancia e de paz para o Occidente en tempos de ferro e sangue. Máis ca diante dos cabaleiros da Apocalipse e da cruzada […]

25

Emma

Intelixente, rica e fermosa, Emma Woodhouse non precisa marido, pero resúltalle divertido facer de casamenteira para as súas amizades. Ata que a súa confidente Harriet Smith decide casar, e os seus enredos producen consecuencias inesperadas.

26

Cartas ao marqués de Sévigné

O marqués mozo de Sévigné solicita de Ninon a súa tutela para que o dirixa en cuestións de galantería na súa entrada en sociedade. Ninon acepta e a partir de aí inicia unha correspondencia na que lle vai explicar o mellor modo de tratar coas mulleres e como seducilas, ditándolle a súa conducta e instruíndoo […]

27

Vencellos feroces

Vivian Gornick pasea coa súa nai polas rúas de Manhattan mentres discuten e recordan o seu pasado familiar. Unha conversa continua entre dúas mulleres lúcidas: a autora, madura e instruída, e a súa nai, xa anciá e deprimida pola súa temperá viuvez, sobre os temas máis comúns das súas vidas.