Descripción
En Jándula crecen acelgas cando se aveciña unha guerra. Con este presaxio arranca a historia da familia Ardolento, que se vai desmembrando a partir de 1936.
A través dunha narrativa que fusiona o rigor histórico e o realismo máxico, a obra percorre os momentos e as batallas máis destacables dunha Iberia dividida.
Labrego e imparcial, Odisto convértese no eixe dunha historia que retrata unha península de casas baleiras, na que os irmáns loitan entre si e os valores perden o seu sentido ante a crueza do conflito.
Edición en papel co ISBN 979-13-87877-24-8, dispoñible en librarías do país.
Podes mercar este libro en formato ePub co ISBN 9791387877309 en Casa del Libro, Amazon e Kobo, entre outros.