Descripción
Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas.
O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade.
Edición en papel co ISBN 978-8492866-05-2, dispoñible en librarías do país.
Podes mercar este libro en formato ePub co ISBN 9788419795236 en Casa del Libro, Amazon, Kobo e Apple, entre outros.