Descripción
A mansión de Wildfell Hall recibe unha nova inquilina, unha misteriosa muller chamada Helen Graham, acompañada polo seu fillo pequeno. A chegada desta habitante desata todo tipo de rumores entre a veciñanza. Grazas ás páxinas do seu diario, que chega ás mans do seu namorado, Gilbert Markham, coñeceremos o pasado turbulento do que fuxiu a protagonista.
Presentada a miúdo como unha historia de amor e redención e precedente da literatura feminista, a segunda e última novela de Anne Brontë brilla polo seu retrato de personaxes e pola súa calidade literaria, pero tamén por poner en entredito as estruturas sociais que impedían a independencia económica das mulleres.
Edición en papel co ISBN 978-84-19795-78-6, dispoñible en librarías do país.
Podes mercar este libro en formato ePub co ISBN 9788419795823 en Casa del Libro, Amazon, Kobo, PocketBook e Apple, entre outros.