Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

19

Circe

Os estudosos consideran a Annie Vivanti Chartres a inventora do best-seller italiano, caracterizado por un estilo rápido, fluído e suxestivo. Vivanti distínguese no panorama da literatura feminina do principios do século xx por ir alén dos territorios reservados ás mulleres escritoras: o amor, o romance, a familia e os argumentos “rosas”. Así, con Circe, Annie […]

20

Miñán

Ibrahima é un adolescente nacido nunha aldea de Guinea, sen expectativas de futuro. Cando lle morre o pai, convértese no cabeza de familia e exerce diversas profesións, pero o seu soño é ser condutor de camións. Porén, o seu irmán pequeno Alhassane foxe da casa para perseguir o soño europeo, e Ibrahima ten que arriscar […]

21

Leonora

Publicada en 1805, esta novela mestura a espionaxe, a intriga política e o nacionalismo. A idea de escribir Leonora xurdiu tras a viaxe de Edgeworth a París, onde asistiu a moitas reunións nas que se debatían temas controvertidos, como o divorcio ou a liberdade sexual feminina. Segundo a autora, Leonora era “un volume de cartas […]

22

O Parnaso sobre rodas

Helen McGill é unha muller de 39 anos que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide […]

23

Gargantúa e Pantagruel

Con Pantagruel, Rabelais presenta unha orixinalidade total: a fusión de xéneros populares (contos, refráns, chufas de estudantes, parodias relixiosas, etc.), a sátira sen piedade dos inimigos do ideal humanista (teólogos sorbonistas, xuristas obsoletos, beatóns cínicos ou frades corruptos), as pinceladas do real na amálgama da fantasía (xa sexan personaxes, tabernas, monumentos, lugares ou itinerarios), o entusiasmo […]

24

Como ser famosa

Son Johanna Morrigan. É 1995. Teño dezanove anos e vivo no epicentro do Britpop. Viva Blur! O meu amor platónico, John Kite, está ocupado co seu exitoso disco, coa súa xira mundial, as drogas e unha crise nerviosa. Así que me entreteño co cómico Jerry Sharp. Vaia cagada. “É un vampiro”, advirte a miña amiga […]

25

Sátiras

Podemos definir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de influencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como finalidade […]

26

Lume branco

Lume branco escolma os poemas dos últimos anos de vida de Antonia Pozzi, escritos entre os anos 1935 e 1938. Unha poesía que dá conta da súa intelixencia, a súa sensibilidade e a súa bagaxe intelectual. Uns poemas poboados de natureza e montaña, de soidade e morte, nos que tamén destaca a súa fonda preocupación […]

27

Galicia vista por un inglés

Nesta crónica viaxeira pola Galicia da década de 1920, Bell pretende “dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros”. “A arquitectura, a escultura, a lingua, a literatura, a botánica, a arqueoloxía e a etnoloxía desta fermosa rexión chaman fortemente polo especialista que, en cada unha das devanditas materias, […]