Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

185 resultados da procura de:

154

O marabilloso soño dun gran niño de necios

O marabilloso soño dun gran niño de necios apareceu en Salzburgo no ano 1703 e pertence a unha literatura moi antiga de carácter didáctico-satírico, denominada Narrenliteratur ou “literatura da necidade”. Detrás do texto de Abraham a Sancta Clara atópase unha tradición moi sólida que vai desde a sátira romana coa súa tipoloxía de necios, ás […]

155

O ruído do tempo

Na década de 1930, Dmitri Shostakóvich ten uns trinta anos e Stalin asiste a unha representación da súa ópera Lady Macbeth de Mtsensk. No Pravda publícase unha terrible crítica que parece que o vai levar ao exilio ou á morte. Porén, o músico logra salvar esta situación. Barnes reconstrúe nesta breve novela a vida do músico […]

156

Os Estados e Imperios da Lúa

Os Estados e Imperios da Lúa é considerada como a primeira obra do xénero literario de ciencia ficción, xunto con Os Estados e Imperios do Sol, do mesmo autor. Nesta obra relátanse varias formas de chegar á Lúa, habitada por seres humanos de doce pés que andan a catro patas e miran cara abaixo. Ao ver a Cyrano, narrador […]

157

Instrumental

Imaxinade por un momento un neno de cinco anos que vai saltaricando, cheo de ledicia, por un camiño inundado de luz e calor. De súpeto, o chan cede baixo os seus pés e o neno cae ás augas xélidas e escuras dun lago sen fondo. Pide auxilio, pero non hai quen lle valla. A piques […]

158

De re coquinaria (Antiga cociña romana)

A alimentación dun pobo é unha das claves de acceso para reconstruír a súa historia. Non dispoñemos dun tratado de cociña no que se reflictan os usos e costumes da cociña romana anterior ao Imperio. Cando Roma entrou en contacto con Asia Menor e descubriu o refinamento das cortes gregas de Oriente, novos produtos pasaron […]

159

A natura exposta

Un escultor veterano vive nunha pequena vila ao pé da montaña, onde vende e repara pequenas pezas de pedra e madeira, ao tempo que axuda a cruzar a fronteira a inmigrantes. Un incidente obrígao a marchar de alí e recibe un delicado encargo: a restauración dunha valiosa peza de mármore que representa un Cristo crucificado. […]

160

Teogonía. Traballos e días. Escudo

As obras de Hesíodo Tegonía, Traballos e días e Escudo son, xunto coa Ilíada e a Odisea de Homero, os alicerces da literatura occidental. Nelas están os referentes culturais, as imaxes e os recursos poéticos que constitúen o fondo inesgotable ao que acoden os creadores literarios unha e outra vez para dar forma ás súas creacións, conxugando tradición e innovación. […]

161

Os sangues

Féléor Barthélémy Rü posúe unha inmensa fortuna e un desexo desmedido pola carne crúa e a brutalidade. Recréase nestes praceres xunto coas súas esposas e vítimas, que lonxe de fuxir do ogro, acoden a el por propia vontade, dispostas a deixarse levar polas máis escuras fantasías. Estas sete mulleres explican nos seus diarios quen son […]

162

O duque Ernesto

Herzog Ernst, ou O duque Ernesto foi, como nos indica o número de manuscritos que conservamos del, un dos libros máis populares de toda a Idade Media alemá; supón, neste senso, un bo exemplo da literatura de entretemento da época, co seu gusto polas aventuras e os mundos exóticos. O libro, escrito orixinariamente en verso, […]