Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

202 resultados da procura de:

172

Un verán en Galicia

“Soamente aqueles que comprenden que hai que achegarse aos lugares coa mesma disposición coa que se coñece un amigo –con simpatía, amor e sentimentos altruístas–, poden persuadir un país para que lles revele os seus segredos, a súa beleza e verdades.” Publicado orixinalmente en inglés no ano 1911, Un verán en Galicia describe o noso […]

173

O baile

Unha familia de novos ricos instálase nun dos barrios máis luxosos do París de comezos do século xx. Para conseguir o ansiado recoñecemento social, os Kampf deciden dar unha festa á que todo o mundo está convidado. Só queda fóra a súa filla adolescente, Antoinette. A rapaza, ferida no seu orgullo, buscará vinganza.

174

Constitución dos Lacedemonios. Constitución dos Atenienses

O século V a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. É neste tempo cando empeza a xurdir a reflexión arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os […]

175

Xente normal

Marianne e Connell son dous adolescentes que só teñen en común a vila irlandesa onde viven. Ela é altiva e marxinada, mentres que el é un dos rapaces máis populares do seu instituto. Con todo, comezan unha relación secreta que cambia as súas vidas. O intenso vínculo entre ambos continúa anos despois, no seu paso […]

176

Sobre a natureza das cousas

De rerum natura é un poema didáctico, datado no século I a.C. Ao longo dos seis libros que o compoñen, Lucrecio reflexiona sobre a orixe do universo, poñendo en xogo a teoría atomista de Demócrito e a filosofía de Epicuro. En última instancia, o autor pretende liberar o ser humano dos medos impostos pola tradición […]

177

Ti e mais eu

Lorenzo, de catorce anos, dilles aos pais que marcha esquiar cos seus compañeiros do instituto, pero en realidade crea un refuxio no rocho para pasar as vacacións ao seu aire, sen ninguén que o moleste. Porén, a súa medio irmá Olivia, nove anos maior ca el, irrompe no seu retiro e obrígao a enfrontarse ao […]

178

A trenza

As vidas de Smita, Giulia e Sarah non poden ser máis diferentes. Na India, Smita fai o posible para que a súa filla aprenda a ler e escribir. En Italia, Giulia descobre que a fábrica de perrucas do seu pai está a piques de quebrar. E no Canadá Sarah enfróntase a unha enfermidade que truncará […]

179

Ión. Ciclope

Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo […]

180

Sátiras

Podemos definir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de influencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como finalidade […]