• 0Carrito de Compra
Edicións Morgante
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Colección Mudanzas
      • Colección Cerdedo in the Voyager
      • Colección Ensaio
      • Solea Scripsit
      • Singularis
      • Fóra de Colección
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Calros Solla

Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes

VER PORTADA

O volume Andrómenas e credos reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes.

Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais –a revelación da Montaña Máxica do Seixo–, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais…, portentos saídos do pobo e retornados ao pobo con aglaio e requinte.

Esta biblia da mitoloxía montañesa amasouse e aformigou tras bortelar ben bortelada a fariña contida nos foles da colección Cerdedo in the Voyager e da colección Solea Scripsit (2002-2025), masa copeada e enfornada de vagar na tafona de Edicións Morgante.

Para a elaboración desta “Suma mitolóxica” –o nº 27 da Voyager– volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa…, engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.

Dende Cerdedo para o mundo, as liñas de investigación e intervención cultural (publicacións, roteiros, charlas, descubertas…) desenvolvidas no concello e na comarca de Montes anos andados convertéronse en referente ou fonte de inspiración para outros moitos investigadores e afeccionados, circunstancia que nos fai sentir fondamente satisfeitos. Sapere aude. Vai polas ánimas.

Podes mercar o libro aquí.

40 €

Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes

€40,00

Categorías: Colección Cerdedo in the Voyager, Libros

Calros Solla

Calros Solla, nado en Pontevedra en 1971, é profesor de lingua, etnógrafo e escritor. No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da ...

VER MÁIS
ISBN:
978-84-19040-62-6
PÁXINAS:
1032
ENCADERNACIÓN:
Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS:
170x240 mm
COLECCIÓN:
Colección Cerdedo in the Voyager
Libros

TEMÁTICA:
Antropoloxía, Galicia, Xeografía
IDIOMA:
Galego
XÉNERO:
Ensaio, Non ficción
ILUSTRACIÓNS:
Ilustracións en branco e negro

AUTOR DAS ILUSTRACIÓNS:
Héitor Picallo
DATA DE PUBLICACIÓN:
Marzo de 2026

  • Descripción

Descripción

O volume Andrómenas e credos reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes.

Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais –a revelación da Montaña Máxica do Seixo–, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais…, portentos saídos do pobo e retornados ao pobo con aglaio e requinte.

Esta biblia da mitoloxía montañesa amasouse e aformigou tras bortelar ben bortelada a fariña contida nos foles da colección Cerdedo in the Voyager e da colección Solea Scripsit (2002-2025), masa copeada e enfornada de vagar na tafona de Edicións Morgante.

Para a elaboración desta “Suma mitolóxica” –o nº 27 da Voyager– volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa…, engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.

Dende Cerdedo para o mundo, as liñas de investigación e intervención cultural (publicacións, roteiros, charlas, descubertas…) desenvolvidas no concello e na comarca de Montes anos andados convertéronse en referente ou fonte de inspiración para outros moitos investigadores e afeccionados, circunstancia que nos fai sentir fondamente satisfeitos. Sapere aude. Vai polas ánimas.

Podes mercar o libro aquí.

Recomendamos...

  • Obra reunida

    €18,00
  • Saberes de María da Vrea

    €26,50
  • Soidades do alfabeto. Criptoetnografía

    €20,00
  • É ruín porque o fan. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo VI

    €29,00
  • O Campo das Laudas. Alcouve da Memoria en Cerdedo

    €30,00

Sobre nós

  • Distribución
  • Coñécenos
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Colección Mudanzas
  • Colección Cerdedo in the Voyager
  • Colección Ensaio
  • Solea Scripsit
  • Fóra de Colección

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
© Copyright - Edicións Morgante | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Non todo o que cae na rede é peixeAta que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega Desplazarse hacia arriba