Descripción
Entre o rumor do mar e o murmurio da memoria, Nuno –ou Ivar Penca Negra– reconstrúe a súa vida dende a soidade e o arrepentimento. Fillo dunha escrava galega e dun cabaleiro desaparecido, criado en Xutlandia baixo o ferro dos normandos e a voz dun monxe, foxe dun destino que non escolleu e lánzase ó océano en busca da terra dos seus devanceiros.
O que comeza como unha viaxe de descuberta convértese nunha loita interior entre dúas identidades. Entre o Valhalla e o Paraíso, entre a espada e o pergamiño, Nuno tenta atopar o seu lugar nunha terra que o acolle e o teme, que o fascina e o condena.
Edición en papel co ISBN 978-84-19040-56-5, dispoñible en librarías do país. Podes mercar o libro aquí.
Podes mercar este libro en formato ePub co ISBN 9788419040589 en Amazon, Kobo e Apple, entre outros.