Soidades do alfabeto. Criptoetnografía
Unha noite, a altas horas, espertei por causa dunha dor aguda no peito. Azorado, receando unha perturbación cardíaca, incorporeime e acendín a lámpada da mesiña. Fixando a vista na face enmedoñada que se reflectía no espello, gurrei por compasar a respiración, que se desmandara, mais foi en van. Invadiume entón o degoxo de botar man […]