novidades

coleccións

autores sobre nós


Salinas Rodríguez, Galo

Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez (A Coruña, 1852-1926) emigra moi novo a Uruguai, onde traballa como comerciante. Ao seu regreso a Galicia recala en Pontedeume para dedicarse ao ensino, e logo instálase na Coruña, onde desenvolve unha importante actividade xornalística. Dirixe a Revista Gallega entre 1895 e 1907 e está en contacto cos membros da Cova Céltica. É o primeiro presidente da Escola Rexional de Declamación e posteriormente, o primeiro bibliotecario-arquiveiro da Real Academia Galega ata 1907, cando marcha a Madrid a exercer como chanceler da delegación uruguaia ata a súa xubilación.

É autor dunha prolífica obra dramática, na que destacan A torre de Peito Burdelo (1891), Filla…! (1892) e Bodas de ouro (1921), así como do primeiro ensaio sobre a literatura dramática en galego.


Obras de Salinas Rodríguez, Galo


A torre de Peito Burdelo




Aviso legal e política de privacidade