novidades

coleccións

autores sobre nós


Garrido Rodríguez, Alicia

Alicia Garrido Rodríguez (Vigo, 1973) é profesora de Secundaria na cidade olívica. A súa afección polo teatro vénlle de familia, pois, José Darriba Puente, o fillo da Licha, viuse cativado dende ben mozo polo mundo da farándula. É integrante do colectivo Capitán Gosende, asociación sen ánimo de lucro que, na comarca pontevedresa de Montes, traballa dende hai anos en prol da salvagarda e divulgación do patrimonio cultural e da recuperación da Memoria Histórica.

Con José Darriba Puente, o fillo da Licha. Memoria dun fusilado (1917-1937), a autora ten por obxectivo restaurar a dignidade de José Darriba Puente e a de todos aqueles que, en San Clodio de Ribas de Sil, deron a vida ou comprometeron o seu benestar por defenderen a causa republicana.


Obras de Garrido Rodríguez, Alicia


José Darriba Puente, o fillo da Licha. Memoria dun fusilado (1917-1937)




Aviso legal e política de privacidade