|
| | Fernández Barba, Pablo
Pablo Fernández Barba (Madrid, 1976) é profesor de Física e Química en Noia dende hai case vinte anos. Por un proceso de osmose inversa, mudou a súa lingua de expresión oral polo galego, pero pasou de freada e rematou por abrazala tamén como vehículo de expresión literaria. En 2016 publicou a súa primeira novela, Transición, pola que levou o premio Vicente Risco, algúns cartos e un bo feixe de paus, aínda que ninguén lle dixo que non soubese escribir.
Obras de Fernández Barba, Pablo
|