novidades

coleccións

autores sobre nós


Abilleira Sanmartín, Xosé

Xosé Abilleira Sanmartín (Pontevedra, 1964) é licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Dedícase ao ensino secundario como profesor de latín e grego.

Nas súas aproximacións ao estudo da pegada clásica na posteridade, cunha perspectiva galega, destaca o referido, por exemplo, ao “humanismo” pontevedrés do século XVI, á obra de Xoán Manuel Pintos ou de Evaristo de Sela. Tamén ten feito algunhas achegas ao latín medieval, entre as que destaca a tradución ao noso idioma do foro de Pontevedra e a coordinación da publicación Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1920).

É autor da introdución e tradución do grego ao galego, xunto con Xurxo Pereira, de Relatos Verídicos, de Luciano de Samósata (Rinoceronte, 2010).

Tamén é coautor, xunto con Eloi Gestido, do libro de texto para bacharelato de Literatura Universal (Xerais, 2009).


Obras de Abilleira Sanmartín, Xosé


O legado clásico na nosa cultura. 
Unha mirada desde Pontevedra




Aviso legal e política de privacidade