novidades

coleccións

autores sobre nós


Sobrino Buhígas, Ramón

Licenciado en Ciencias, Ramón Sobrino Buhígas (Pontevedra, 1888- Valladolid, 1946) foi un notable investigador que dirixiu o seu interese cara a ámbitos moi heteroxéneos da disciplina. Son ben coñecidos os seus traballos sobre os cistolitos, que serán obxecto da súa tese doutoral, sobre o coñecido fenómeno das mareas vermellas que afectan no verán as Rías Baixas, ou sobre a xeoloxía. Docente durante anos, exercerá o seu maxisterio nas facultades de Ciencias de Madrid e Santiago de Compostela e, xa como catedrático, impartirá docencia en diferentes institutos do estado ata chegar ao de Pontevedra en 1921. Completa a súa formación iniciando estudos de Medicina en Santiago, e remata a especialidade de Odontoloxía en Madrid, profesión que exercerá na cidade de Santiago ata o seu pasamento en 1946.

Non obstante, á vez que naturalista, Sobrino Buhígas foi arqueólogo por vocación e paixón, dedicando non poucos esforzos ao estudo dos gravados rupestres.


Obras de Sobrino Buhígas, Ramón


Corpus dos petróglifos de Galicia




Aviso legal e política de privacidade