|
| | Gómez del Valle, Paula
Paula Gómez del Valle, nazo en Ourense no 74. Dende que teño memoria as cámaras forman parte da miña vida, xa que dei cun pai afeccionado e apaixonado pola fotografía. No comezo do instituto, a cámara Pentax K-1000 convértese na miña eterna compañeira e así empezan as miñas aprendizaxes máis serias nas técnicas desta arte. Tendo un pai mentor con laboratorio na casa, a inmersión neste incríbel mundo é para sempre. Obras de Gómez del Valle, Paula
|