novidades

coleccións

autores sobre nós

José Darriba Puente, o fillo da Licha. Memoria dun fusilado (1917-1937)

José Darriba Puente atópase no mellor momento da súa vida. Ten todo un camiño por diante, alimenta as súas paixóns culturais, posúe unha boa formación académica e é extremadamente educado. Cada poro da súa pel irradia vitalidade e enerxía. O seu sorriso cativador e o seu don de xentes convérteno nun mozo non exento de atractivo. Non lle faltan noivas e sabe que o futuro está nas súas mans. No entanto, posúe algo perigoso para os tempos que virán: ideas.

José Darriba Puente, con criterio propio, é un home do seu tempo e do seu pobo. Traballador, inquedo e cheo de ilusións, desexa un mundo mellor. Unha esperanza que se truncará o 18 de xullo de 1936.

            

Garrido Rodríguez, Alicia

ISBN: 978-84-15166-93-1
Duración: 234
Ano: 2021
Formato: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 16,50 € €
                              





Aviso legal e política de privacidade