|  | | | Corpus dos petróglifos de Galicia
Tradución de Xosé Souto BlancoEn 1930 Ramón Sobrino Buhígas viaxa a París e Londres cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, coa finalidade de entrar en contacto con investigadores e organizacións que lle permitan abordar unha análise comparativa dos petróglifos galegos con outros conxuntos sobresaíntes da arte rupestre europea. Sobrino volve a Galicia con importantes contactos persoais e cunha amplísima lista de referencias bibliográficas coas que enriquecer o seu traballo. Sobre estes alicerces confórmase a armazón teórica e metodolóxica que permitirá darlle ao Corpus dos petróglifos de Galicia unha perspectiva europea que supere a dimensión estritamente local do seu traballo.
Case cen anos despois, aparece esta nova edición que inclúe o texto en galego (orixinariamente foi publicado en latín), así como un estudo preliminar e abondosos documentos gráficos para afondar na figura do grande arqueólogo galego.
Estudo preliminar de Ángel Nuñez Sobrino. |
|
|

Sobrino Buhígas, Ramón
ISBN: 978-84-15166-83-2 Nº Páxinas: 248 Ano: 2020 Formato: Rústica con lapelas Medidas: 16 x 23 cm PVP: 18,00 €
| |
|
|
| |