novidades

coleccións

autores sobre nós

Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego

Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego recompila recensións críticas publicadas entre os anos 2003 e 2009 no suplemento literario Faro da Cultura do Faro de Vigo,A Nosa Terra e o Cartafol de Libros do portal Vieiros,do que o autor foi coordinador. Recóllense aquí 34 artigos sobre obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, precedidas dun ensaio máis amplo que ofrece unha panorámica desta literatura en Galicia.O crítico sinala aquelas obras que conteñen interese literario e ao mesmo tempo didáctico, baseándose na súa experiencia como docente. Sen dúbida, esta compilación será de interese para mestres e proxenitores que precisen unha guía para a lectura dos seus cativos e non se deixen seducir pola simple oferta das mesas de novidades.

            

Mera, Héitor

ISBN: 978-84-937816-2-0
Nº Páxinas: 106
Formato: Rústica
Medidas: 130 x 215 mm
PVP: 12,00 €
                              Outras obras de Mera, Héitor

Cartas de Bernardino Graña

Bernardino, mariñeiro do verbo






Aviso legal e política de privacidade