Fran Peleteiro
Fran Peleteiro, Vigo, 1979. Coñecido sobre todo como actor tanto no teatro como no audiovisual galegos, a súa experiencia lévao a desempeñar diversos roles no mundo da escena: director, actor, profesor, e dramaturgo ocasional. Un creador escénico completo da ben chamada xeración perdida, cunha linguaxe fresca, enxeñosa e accesible. Defende con fachenda a etiqueta de comercial e o encaixe de Camariñas na escrita dramática. Confésase debedor de Cid Cabido, de Cándido Pazó, de Shakespeare, Eugène Labiche e de Billy Wilder.
Publicacións en Morgante