Fran Ferreiro Chao-Abella
Fran Ferreiro Chao-Abella (A Coruña, 1984) medrou entre un fato de libros vellos e xente á que chamaban Toné, Chiné, Pitincha ou Tinincha. De neno quería ser humorista, como Bernard Shaw e Farruco. Non viu unha árbore fóra da alameda ata os nove, nin un xitano ata os doce. Despois colleu unha bicicleta e con ela descubriu Galicia, as estradas e as cunetas. Traballou no deporte, na moda e como DJ. Actualmente vive en Gondomar, onde aprende a facer viño e un pouco a escribir.
Publicacións en Morgante


