Anos 50. Unha pequena vila de Sardeña. Bonaria Urrai, unha costureira solitaria, adopta a Maria, cuarta filla dunha familia humilde. Maria aprenderá grazas a ela o esencial da vida. Como por exemplo, a reconfortar as persoas que se achegan ao seu destino final.
Galardoada co prestixioso Premio Campiello, Acabadora aborda a morte dende un punto de vista diferente: o dunha cultura que sempre afrontou sen pudor esta parte da vida.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.