Genny ten dezaseis anos e traballa nun bar, xoga ao fútbol e fai o parvo no scooter. Tania ten quince anos, aínda vai ao instituto e dorme nun cuarto con estrelas no teito. A nai de Genny ten corenta anos, pero aparenta máis; pasa o día arranxando pantalóns e de cando en vez bota o tarot. A de Tania é policía e non dubida en empregar a súa arma cando as cousas se complican.
Un día as vidas de Genny e Tania crúzanse traxicamente e unha nai decide tomar a xustiza pola man.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.