Tres fins do mundo

Erkka Mykkänen Tres fins do mundo é unha especie de descrición da realidade que nos arrodea feita a partir da deconstrución e a redución ao absurdo. Os relatos breves que compoñen o libro relaciónanse entre eles non só a través dalgún personaxe ou escenario recorrente, senón sobre todo por unha especial concepción do fantástico que […]

O libro da perda e o esquecemento

Marisha Rasi-Koskinen As historias dos protagonistas, Julia e Jan, semellan discorrer de xeito independente. Ela emprende unha fuxida en coche cos seus pais, el é enviado a un campamento de supervivencia en Laponia. Porén, as súas vidas están unidas a través das lembranzas dunha casa de madeira, dun caderno cheo de palabras, números e debuxos, […]

Soños europeos

Emma Puikkonen 1980, Lech Wałęsa, traballador dun estaleiro en Gdańsk, Polonia, lidera unha revolta contra o poder estabelecido. 1990, coa caída do Muro de Berlín, unha anciá reencóntrase coa súa familia logo de décadas de separación. 1996, Fadumo, unha inmigrante somalí, sobrevive na afastada Suecia para sacar adiante a súa filla pequena. 2027, nun mundo […]

Dende Finlandia con amor

Roman Schatz Cando pensamos en Finlandia seguro que nos vén á cabeza a neve, o sol de media noite, a sauna, Papá Noel e un sistema educativo pioneiro en moitos aspectos. Porén, que é o que sabemos realmente deste estraño país dacabalo entre a antiga Unión Soviética e a Europa capitalista? Roman Schatz proponnos neste […]

Os sete irmáns

Aleksis Kivi Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha […]

O día do falso gato

Pasi Ilmari Jääskeläinen A quen non lle pasou que o que promete ser un día perfecto acaba por se tornar nun pesadelo? Isto precisamente é o que lle acontece a Kaarna, director da área de urbanismo do municipio de Marrasvirta. Precisamente o día da festa grande da súa vila, cando vai pronunciar un discurso ante […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio