Erkka Mykkänen

Erkka Mykkänen naceu en 1988 e vive en Helsinki, cidade na que exerce como profesor de escritura creativa e escritor. Gañou ou resultou finalista de distintos premios nos eidos da poesía, a prosa, o xornalismo ou a curtametraxe, disciplina á que tamén dedica parte do seu tempo. Como escritor, participou en numerosas antoloxías colectivas. Tres […]

Marisha Rasi-Koskinen

Marisha Rasi-Koskinen (Jyväskylä 1975) é psicóloga e escritora. Como psicóloga traballou en múltiples lugares prestando apoio a persoas necesitadas, o que acabou escoándose nas súas obras literarias. Como novelista debutou no ano 2011 coa obra Katariina. En 2013 publicou Valheet (‘Mentiras’), coa que gañou o premio Tiiliskivi. A súa terceira novela, Vaaleanpunainen meri (‘Mar rosa’, […]

Emma Puikkonen

Emma Puikkonen (Hämeenlinna 1974) dedícase ao ensino teatral e á escrita. Foi fundadora de varias iniciativas culturais relacionadas coas artes escénicas, escribiu diversos libretos teatrais e publicou a súa obra en prosa, Kissaihminen (‘Persoa-gato’) en 1987. Como autora de narrativa para adultos estreouse en 2001 coa obra Turkulainen näytelmä (‘Unha función de Turku’), á que […]

Pasi Ilmari Jääskeläinen

Pasi Ilmari Jääskeläinen (Jyväskylä, 1966) é unha das grandes figuras da narrativa fantástica finlandesa. Como el mesmo di, o feito de criarse a carón do cemiterio da súa vila levouno a ter soños vampíricos e aí comezou a súa teima co alén e as fronteiras entre o real e o fantástico, temas moi presentes na […]

Roman Schatz

Roman Schatz naceu en 1960 na Alemaña Occidental pero, como el mesmo di neste libro, namorou perdidamente dunha finlandesa e marchou para o país ártico aos vinte e seis anos. Dende a súa chegada a Finlandia, dedicou gran parte da súa carreira a divulgar por Europa adiante, e especialmente polo seu país natal, os distintos […]

Aleksis Kivi

Aleksis Kivi (Nurmijärvi, 1834-1872) foi un dos primeiros e mellores autores de prosa e lírica en finlandés, nun tempo no que a maioría da literatura do seu país procedía de autores suecofalantes. En 1846 trasladouse a Helsinki, e máis tarde estudou literatura na universidade da capital. A súa carreira literaria arrancou con Kullervo (1864), unha […]

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio