
Emma Puikkonen
1980, Lech Wałęsa, traballador dun estaleiro en Gdańsk, Polonia, lidera unha revolta contra o poder estabelecido.
1990, coa caída do Muro de Berlín, unha anciá reencóntrase coa súa familia logo de décadas de separación.
1996, Fadumo, unha inmigrante somalí, sobrevive na afastada Suecia para sacar adiante a súa filla pequena.
2027, nun mundo dominado polas redes sociais, a filla daquela inmigrante persegue o soño de cambiar o mundo escribindo unha saída coas súas palabras.
Soños europeos é, dalgún xeito, unha rede de historias humanas, individuais, que se conectan cos grandes momentos de cambio e migración na Europa do último medio século. Pero non se trata dunha simple recompilación de relatos, senón dun tecido intricado de momentos e personaxes que culmina no enfrontamento contra a distopía que nos agarda, a través das distintas leccións que podemos aprender da nosa historia, polo xeral, máis escura.
Le aquí unha mostra do libro.
ISBN: 978-84-120370-6-7
Nº páxinas: 174
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 17 €