Os sete irmáns

Aleksis Kivi

Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha cabana e loitarán con osos e lobos. Tras varios anos de vida salvaxe, cambian de rumbo e deciden volver á vila, casar e asentarse como respectables granxeiros.

Publicada por primeira vez en 1870, Os sete irmáns foi mal recibida no seu momento polo seu realismo, humor e linguaxe. Porén, foi redescuberta como obra mestra no século xx ata converterse no libro máis popular de Finlandia e ser traducida a boa parte das linguas estranxeiras.

O éxito desta novela reside na mestura do tráxico e do cómico, no fiel retrato do carácter finlandés, insubmiso e supervivente, e na exquisita descrición da paisaxe nórdica. Unha historia emocionante e divertida que atrae por igual lectores de todas as idades.

Le aquí unha mostra do libro.

ISBN: 978-84-120370-2-9
Nº páxinas: 374
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 22,50 €

Publicacións creadas 2

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio