
Marisha Rasi-Koskinen
As historias dos protagonistas, Julia e Jan, semellan discorrer de xeito independente. Ela emprende unha fuxida en coche cos seus pais, el é enviado a un campamento de supervivencia en Laponia. Porén, as súas vidas están unidas a través das lembranzas dunha casa de madeira, dun caderno cheo de palabras, números e debuxos, dos fíos invisíbeis da perda e o esquecemento.
Rasi-Koskinen combina os diferentes planos temporais, a narrativa realista, fantástica, filosófica e o libre fluír da conciencia nunha obra complexa, fermosa e de gran poder imaxinativo.
Le aquí unha mostra do libro.
ISBN: 978-84-120370-8-1
Nº páxinas: 228
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18 €