Marisha Rasi-Koskinen

Marisha Rasi-Koskinen (© Laura Malmivaara)

Marisha Rasi-Koskinen (Jyväskylä 1975) é psicóloga e escritora. Como psicóloga traballou en múltiples lugares prestando apoio a persoas necesitadas, o que acabou escoándose nas súas obras literarias.

Como novelista debutou no ano 2011 coa obra Katariina. En 2013 publicou Valheet (‘Mentiras’), coa que gañou o premio Tiiliskivi. A súa terceira novela, Vaaleanpunainen meri (‘Mar rosa’, 2014) resultou finalista do premio Runeberg. En 2019 fixo a súa primeira incursión na literatura xuvenil con Auringon pimeä puoli (‘O lado escuro do sol’), obra pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Xuvenil de Finlandia.

Publicacións creadas 2

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio