Aviso legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento co disposto no art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte información xeral:

Que o dominio www.rinoceronte.gal, a partir de agora “sitio web”, está rexistrado a nome de RINOCERONTE EDITORA S.L.U., con domicilio social en AVENIDA DE LUGO, 15, 36940 – CANGAS DO MORRAZO (PONTEVEDRA), sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, tomo 3117 da sección de sociedades, folio 209, folla PO-38316, inscrición primeira, provista de CIF B36501880.

O seu contacto é o enderezo de correo electrónico info@rinoceronte.gal.

CONDICIÓNS DE USO

I.- Usuarios/as;

O acceso e/ou uso do sitio web de www.rinoceronte.gal atribúelle a quen o realiza a condición de usuario/a, de maneira que acepta, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- Uso do sitio web, dos seus servizos e contidos;

O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e mais a orde pública.

Do mesmo xeito, queda prohibido o uso do sitio web con fins ilícitas ou lesivas contra O TITULAR ou calquera terceiro/a, ou que poidan causar prexuízo dalgunha forma ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

A respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares, ou que resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre eles.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarias, distintas das estritamente permitidas.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web a través de calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/das usuarios/as, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non lle causen ningún prexuízo ao sitio web.

III.- Modificación unilateral;

O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e mais o deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

IV.- Hiperligazóns;

O establecemento de calquera “hiperligazón” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
  • Agás consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos que lle pertenzan ao TITULAR.
  • Baixo ningunha circunstancia O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos que se poñan a disposición do público na páxina web desde a que se realice a “hiperligazón”, nin tampouco das informacións e manifestacións que nela se inclúan.
  1. Exclusión de garantías e responsabilidade;

O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e funcionamento da web e/ou dos servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou as expectativas dos usuarios.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión dos contidos por parte dos/das usuarios/as.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web e dos seus servizos ou contidos por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as, postos a disposición dos/das usuarios/as no sitio web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos/ás usuarios/as a través do sitio web.
  1. Duración;

A duración da prestación do servizo do sitio web e mais dos seus servizos é de carácter indefinido.

Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito a interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmo termos que se recollen na terceira condición.

VII. Lexislación aplicable e xurisdición;

As presentes condicións xerais estarán rexidas pola lexislación española. RINOCERONTE EDITORA S.L.U. e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lle puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario no relativo a cantas cuestións se puidesen suscitar ou accións se exerciten como consecuencia da prestación do servizo do sitio web e mais dos seus servizos e contidos, así como sobre a interpretación, a aplicación, o cumprimento ou o incumprimento do que aquí se establece.

No suposto de que o/a usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, RINOCERONTE EDITORA S.L.U. e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que lle puidese corresponder, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de CANGAS DO MORRAZO.

USO DE COOKIES

A web de RINOCERONTE EDITORA S.L.U. pode utilizar cookies cando un/unha USUARIO/A navega polos sitios e páxinas web do SITIO WEB. As cookies utilizadas polo sitio web unicamente se asocian cun/cunha USUARIO/A anónimo/a e co seu ordenador, e non proporcionan en por si o nome e mais os apelidos do/da USUARIO/A. Grazas ás cookies, resulta posible recoñecer os/as USUARIOS/AS rexistrados/as logo de que accedesen por primeira vez, sen que sexa necesario que se rexistren en cada visita para ter acceso ás áreas e aos servizos reservados exclusivamente para eles. As cookies que se utilizan non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos da persoa USUARIO son cifrados para unha maior seguridade.

O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para que o avise en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e os manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non é preciso que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies que se envían a través da web, sen prexuízo de que, en tal caso, sexa necesario que o/a USUARIO/A se rexistre en cada un dos servizos cuxa prestación requira dun rexistro previo. De igual maneira, os nosos servidores web detectan de forma automática o enderezo IP e mais o nome do dominio que utiliza o/a usuario/a. Toda esta información queda rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor, que permite o posterior procesamento dos datos co gallo de obter medicións estatísticas que nos dean a coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas que se realizaron aos nosos servizos web, etc.

BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS

En conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002, garánteselle ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días desde a comunicación da súa vontade a través dun correo electrónico dirixido ao enderezo info@rinoceronte.gal.

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio