Aleksis Kivi

Aleksis Kivi

Aleksis Kivi (Nurmijärvi, 1834-1872) foi un dos primeiros e mellores autores de prosa e lírica en finlandés, nun tempo no que a maioría da literatura do seu país procedía de autores suecofalantes. En 1846 trasladouse a Helsinki, e máis tarde estudou literatura na universidade da capital. A súa carreira literaria arrancou con Kullervo (1864), unha obra baseada no clásico Kalevala. En total, publicou doce pezas dramáticas e unha colección de poemas.

A súa única novela, Os sete irmáns (1870), levoulle dez anos de traballo, e daquela foi considerada demasiado vulgar. Estas críticas arrastrárono a un desequilibrio mental, que o levou á morte. Na actualidade, a  data de nacemento de Aleksis Kivi serve para conmemorar o Día da Literatura Finesa.

Publicacións creadas 2

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio