Sobre a natureza das cousas

TRADUCIÓN DO LATÍN, INTRODUCIÓN E NOTAS DE LUCÍA GÓMEZ FARIÑA

De rerum natura é un poema didáctico, datado no século I a.C. Ao longo dos seis libros que o compoñen, Lucrecio reflexiona sobre a orixe do universo, poñendo en xogo a teoría atomista de Demócrito e a filosofía de Epicuro. En última instancia, o autor pretende liberar o ser humano dos medos impostos pola tradición e do temor á morte, nun universo exento de deuses que, de existiren, non se interesan en absoluto polo mundo dos homes.

A obra de Lucrecio representa un punto de inflexión no pensamento romano, xa que pon de manifesto unha visión revolucionaria do mundo e do ser humano.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-17388-55-3
Nº páxinas: 264
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 21 €