Scott McCloud

Scott McCloud (Massachussetts, 1960) leva dende os 24 anos achegando aire fresco á banda deseñada estadounidense. Xa daquela, nunha época dominada polos cómics violentos e escuros, estreouse coa colorida Zot!, unha das primeiras obras influenciadas polo manga xaponés no seu país e protagonizada por un heroe procedente dun mundo paralelo no que se materializaron os vaticinios optimistas imaxinados nos séculos XIX e XX. Máis tarde chegaría Destroy!, unha parodia das escenas de pelexa dos comics de superheroes, e The new adventures of Abraham Lincoln. Posteriormente destacou coas súas achegas teóricas no eido da banda deseñada. O seu interese por explorar as posibilidades da novena arte levouno a inventar o “cómic en 24 horas” ou o termo “lenzo infinito”, que aproveita as posibilidades da web para liberar as obras dos límites da páxina.

Entender o cómic