Sátiras

TRADUCIÓN DO LATÍN, INTRODUCIÓN E NOTAS DE Mª MARGARITA FERNÁNDEZ GÓMEZ

Podemos definir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de influencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como finalidade a súa corrección.

A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuenciación dos versos orixinais, e cada sátira vai precedida dun pequeno resumo elaborado pola propia tradutora.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-17388-64-5
Nº páxinas: 136
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 15 €